A Consellería de Economía e Industria comunicou a Altri o arquivo «definitivo e firme» do proxecto previsto para Palas de Rei (Lugo) ao considerar que as alegacións presentadas pola empresa lusa son «inadecuadas e insuficientes» e que a factoría é «inviable» na condicións expostas. O anuncio realizouno este venres a responsable do departamento autonómico, María Jesús Lorenzana, en declaracións aos medios, nas que precisou que se trata dunha resolución administrativa e, do mesmo xeito que todas, cabe presenta un recurso contra ela. O proceso de arquivo deste proxecto, que recibiu unha importante contestación social, foi iniciado en febreiro deste ano debido á falta de conexión eléctrica. Desde entón, a empresa tiña tres meses para alegar este proceso e expor outra forma de conexión eléctrica. Aínda que presentaron estas alegacións xusto ao final do prazo, o Goberno galego continúa co arquivo previsto.
0