A Xunta conta con ter vacinado a preto do 30% da poboación ao remate desta semana

Imagen de una vacuna contra la Covid-19

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, compareceu no Parlamento para informar sobre a evolución da incidencia da pandemia en Galicia no relativo á situación epidemiolóxica e asistencial e aos avances no Plan galego de vacinación fronte á covid. Tal e como subliñou o conselleiro, grazas á previsión na organización e loxística no desenvolvemento do Plan galego de vacinación, o domingo pasado a Xunta tiña vacinadas 546.630 persoas, o 23,1% da poboación. Esta semana prevense administrar 138.500 vacinas, polo que se remataría cunha estimación de 685.130 vacinas, que sería xa un 29% do total da poboación a vacinar, -remarcou o conselleiro-. Destacando que Galicia ten unha porcentaxe de vacinación de doses administradas do 93,2%, o que a sitúa na segunda comunidade do Estado neste apartado.