A Xunta controlará vía satélite as cortas de madeira realizadas nos montes galegos

1 minutes read

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, anunciou que o seu departamento vén de desenvolver unha ferramenta baseada en teledetección lonxana (Sentinel-2 e/ou outras fontes similares) que posibilita a detección de cortas no territorio galego, é dicir, que as propias cortas serán controladas vía satélite. Un proxecto elaborado en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Desta forma, se ditas cortas non contan co debido permiso administrativo, lánzase automaticamente un aviso aos axentes facultativos medioambientais para que visiten a parcela correspondente e, de ser o caso, levanten acta para iniciar un expediente sancionador.

Esta mellora tecnolóxica súmase á creación dun repositorio de servizos que permiten automatizar trámites como son as propias solicitudes de cortas de madeira ou a presentación de proxectos de ordenación de montes.