A Xunta convida aos concellos a solicitar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

0 minutes read

Faino para poñer en valor o seu traballo e implicación dos veciños a prol do coidado da paisaxe e do patrimonio natural, dous dos elementos máis representativos da Comunidade galega. A Xunta convocou por terceiro ano a concesión destes distintivos e abre o prazo para a presentación das candidaturas, co obxectivo de recoñecer o traballo daquelas entidades locais que destaquen polas súas boas prácticas ambientais de conservación e protección da paisaxe, no marco da aposta polo fermosismo.