Trátase dun novo distintivo de boas prácticas co que a Xunta quere recoñecer e premiar a aqueles concellos que destaquen polo seu traballo a prol da protección da paisaxe e do medio ambiente.
Poderán optar ao distintivo, por tanto, todos os municipios da Comunidade que acrediten a realización de actividades que incidan na protección paisaxística e medioambiental da súa contorna. Os interesados en participar nesta primeira edición deberán presentar a súa candidatura por medios electrónicos ata o próximo 21 de setembro.