47
O Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria para este ano 2022 das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais. Para esta convocatoria, destinada ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, a Xunta investirá un total de 841.177 euros. O investimento nesta convocatoria de axudas forma parte do orzamento de 83 millóns de euros do Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid-19, cuxo obxectivo principal é realizar accións que melloren a asistencia dos trastornos mentais, así como diminuír o impacto destas doenzas, tanto nas persoas que as sofren, como nos seus achegados.