A Xunta convocará 1.604 prazas nas oposicións de ensino de 2021

1 minutes read

A Xunta de Galicia publicará neste 2021 unha oferta de emprego público cun total de 1.604 prazas no ensino, das que máis do 85% –en concreto 1.372 prazas– serán de novo ingreso. Así llo transmitiu o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo, ás organizacións sindicais na Mesa Sectorial Docente non Universitaria. Deste xeito, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade compromete un total de 5.498 prazas para educación entre as ofertas de 2020 e 2021. As probas da oferta de 2021 desenvolveranse no ano 2022, dado que neste ano se realizarán as que non se puideron facer no 2020 por mor da pandemia. Está previsto que a oferta de emprego público docente correspondente a 2021 inclúa prazas nos corpos de mestres, profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas, de artes plástica e deseño.