A Xunta convocará novas prazas de emprego para persoas con discapacidade intelectual

Serán 31 prazas de emprego público reservadas para persoas con discapacidade intelectual. En concreto, 27 prazas na especialidade de limpeza e cociña e catro na de persoal de servizos xerais (PSX).

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos presidiu o Consello Asesor para a integración da discapacidade na Función Pública galega do que forman parte representantes da Administración, das organizacións sindicais e de colectivos da discapacidade.

A finalidade deste Consello Asesor é a de estudar e promover as iniciativas que se desenvolven para acadar unha inserción laboral efectiva das persoas con discapacidade na Administración Pública de Galicia.

A inserción laboral de persoas con discapacidade constitúe unha vía fundamental para alcanzar unha plena integración social, polo que é necesario adoptar as medidas necesarias para incrementar o emprego destas persoas, aumentar as súas posibilidades de traballo e impedir calquera forma de discriminación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha