Nova convocatoria de avais públicos para a compra de vivenda para os menores de 36 anos

Trátase dunha medida recollida na Lei dos orzamentos xerais da Comunidade de 2023, que autoriza o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para a concesión de avais con destino á compra da primeira vivenda por parte de mozos e mozas, cun límite máximo do 20% do prezo de compravenda. Para poder obter un destes avais será condición imprescindible que a hipoteca para a cal se solicita supoña entre o 80% e o 100% do importe de adquisición da vivenda, e as contías que aboe a persoa beneficiaria deberán destinarse exclusivamente ao pagamento desta débeda hipotecaria. Ademais, cando o mozo abone ao banco a mesma contía de hipoteca que teña de aval, este quedará cancelado. Entre os requisitos para acceder a estes avais está que a vivenda avalada terá que estar localizada en Galicia e destinarse a residencia habitual do comprador, polo menos, durante o período de duración do aval.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha