A Xunta conxelará as peaxes na autoestrada Coruña-Carballo

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou este luns en Carballo a conxelación das peaxes no treito da autoestrada A Coruña-Carballo. O obxectivo é evitar o impacto da suba do IPC sobre os usuarios. O vindeiro ano as tarifas terían que incrementarse nun 10 por cento. A Xunta asumirá o custo que se calcula en tres millóns e medio de euros. A conxelación únese ás bonificacións por familia numerosa e para os que fan a viaxe de ida e volta. Trátase dunha vía moi transitada por cuestións de traballo. Neste momento a peaxe na autoestrada entre A Coruña e Carballo custa 2,60 euros. E así se van quedar en 2023, coa suba neutralizada.  

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha