A Xunta creará oficinas específicas para atender aos afectados polos incendios forestais

1 minutes read

O obxectivo é prestar asesoramento á hora de solicitar as axudas convocadas para reparar os danos causados polos lumes. Así o anunciou o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, nunha xuntanza cos alcaldes dos concellos do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra-Courel. Calvo sinalou que estes puntos de atención se habilitarán nas sedes dos grupos de desenvolvemento rural das zonas afectadas (Ribeira Sacra-Courel, Valdeorras, e Monteval) co gallo de servir de impulso da actividade económica tras os incendios orixinados os días 14 e 15 de xullo. Así, as persoas que sufrisen algún tipo de dano por mor destes lumes poderán acudir para que as axuden a tramitar as achegas de nove millóns de euros convocadas por distintos departamentos da Xunta.