A Xunta critica o xeito de distribuir os fondos de formación e emprego

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, lamentou hoxe na Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais -na que participou por videocoferencia- que o Estado decidira rebaixar os fondos destinados ás comunidades autónomas para desenvolver as súas políticas de formación e emprego.

Declaracións da conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

Lorenzana mostrouse en desacordo co xeito elixido polo Estado para distribuír estes fondos porque, segundo afirmou, “sancionan ás comunidades autónomas cunha alta execución deste financiamento, como é o caso de Galicia”.

O Estado non liberará a totalidade dos fondos que foron bloqueados na anterior Conferencia Sectorial e, deste xeito, Galicia recibirá un 7% menos que en 2019, é dicir, un total de 167 millóns de euros fronte aos 180 millóns que recibiu o pasado ano. A conselleira de Emprego e Igualdade engadiu que “esta decisión castiga ás comunidades que veñen executando as súas políticas de emprego e formación de xeito competente”.

A titular de Emprego, así mesmo, avanzou que a Xunta estudará a posibilidade de complementar os fondos estatais porque afirmou que a mellor política social que a Administración pode facer é reforzar as medidas de emprego.

Galicia, tras poñer en marcha un Plan de reactivación económica para acompañar tanto aos traballadores como aos comerciantes, autónomos e pemes, activou unha nova Axenda de Emprego axustada ao contexto actual coa previsión de mobilizar máis de 225 millóns de euros a través de 30 medidas que beneficiarán a máis de 65.000 galegos e galegas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha