A Xunta cubrirá o 100 % da reparación das vivendas afectadas polos incendios


O Consello da Xunta aprobou este xoves un decreto que habilita o crédito que as diferentes Consellerías precisan para convocar estas axudas. As convocatorias abriranse previsiblemente a próxima semana, tal e como afirmou o presidente, Alfonso Rueda. No caso das primeiras residencias, cubrirase o 100 % da reparación ou reposición das vivendas, ata un máximo de 122.000 euros. Se se trata dunha segunda vivenda, o máximo será de 61.200 euros, estas axudas serán compatibles cos seguros de fogar e coas axudas doutras administracións. Tamén se habilitará crédito para reparar establecementos comerciais ou afrontar os gastos de explotacións agrícolas e instalacións municipais afectadas, como poden ser as traídas de auga.

Intervención do presidente Rueda, tras a celebración do Consello da Xunta deste xoves.