A Xunta dá por controlado o virus na residencia DomusVi de Carballo

  • Os usuarios xa recibiran a primeira dose da vacina, pero houbo que suspender a segunda ata que pase a infección no centro.

O primeiro contaxio na residencia DomusVi de Carballo detectouse a mediados de xaneiro, e en poucos días faleceu a primeira usuaria. O que parecía un caso illado converteuse nun gromo con 133 infectados, entre residentes e traballadores.
A propagación do virus foi extremadamente rápida e a carga viral dos infectados moito máis alta do normal. Nunha semana faleceron 22 anciáns. Estase analizando a orixe do gromo, e todo apunta a que procede dunha cepa moi agresiva do virus, probablemente a británica. Antón Acevedo, director xeral de Atención Sociosanitaria afirmou que «Está en investigación, porque é posible que algunhas destas novas cepas que están circulando poida ser a causante deste brote. A forna de trasmisión das cepas é igual, pero son máis contaxiosas e nalgúns casos moi virulentas» A Xunta dá por controlada a situación, aínda que segue habendo preto dun cento de casos activos. «O gromo está en remisión, xa están empezando a recibir a alta algúns pacientes, e dentro da prudencia que sempre hai que ter creemos que a situación está baixo control», di Acevedo. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha