Por unha banda, a mellora da accesibilidade peonil na contorna do barrio da Milagrosa e na rúa Vázquez de Parga, que será financiada con cargo ao POS+ Adicional. Pola outra, a reforma e adecuación do espazo do lavadoiro público de Entrecruces, que poderá saír a contratación tras a recente recepción da autorización sectorial de Augas de Galicia, que é preceptiva. Tamén foi aprobado o expediente relativo ao contrato administrativo para a dirección técnica do Festival Internacional de Contidos Dixitais Carballo Interplay por un ano, ampliable ata catro con prórrogas anuais.
Fóra da orde do día foi adxudicado o contrato de servizos de asistencia técnica para a coordinación e dinamización dun espazo colaborativo no concello, as subvencións para a promoción e o fomento do deporte escolar, aprobáronse varias licenzas urbanísticas e un convenio coa Escola Lubiáns de Hóckey e a concesión dunha subvención de 3.500 euros para o III Torneo 3×3 Carballo 2019.