A Xunta declara iniciativa empresarial prioritaria a planta de hidróxeno verde en Meirama

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este xoves a declaración de iniciativa empresarial prioritaria do proxecto de Naturgy, Repsol e Reganosa para construír unha planta de produción de hidróxeno verde en Meirama, no concello de Cerceda que, segundo avanzou, está previsto que estea operativa en 2025. Entre as iniciativas empresariais prioritarias declaradas están outras dúas na comarca de Bergantiños, Hornos de Lamastelle en Carballo, e Bioenergía A Coruña na Laracha. Cun investimento de máis de 67 millóns de euros, a previsión é producir en Meirama, anualmente, 4.500 toneladas desta fonte de enerxía renovable para abastecemento da industria, ademais de obter, como subproduto, oxíxeno, cunha produción de 34.926 toneladas ao ano.