A Xunta defende que se libere a práctica deportiva

A Xunta de Galicia defende que se eliminen as franxas horarias e a limitación de non poder saír do municipio na práctica deportiva. O Goberno galego entende que, xa na fase 1, deben levantarse estas limitacións que non están vixentes para outras actividades de tipo social, de restauración ou de turismo.

Así se abordou na novena reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), que acordou elevar ao Goberno central un consulta neste sentido para que faga “unha aclaración moi necesaria” este asunto. A reunión estivo presidida polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e contou con representación da Delegación de Goberno e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Declaracións de Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia.

Actualmente, existen distintas prácticas permitidas sen franxas horarias e que tampouco están limitadas ao límites do municipio, xa que se permite a mobilidade dentro da provincia. De aí que a Xunta entenda que debe haber un trato igual para a práctica deportiva tendo en conta, ademais, que os horarios restrinxen significativamente a algunhas modalidades deportivas -como o surf ou o ciclismo- e provocan, á súa vez, aglomeracións ás horas nas que si se poden practicar. Segundo Rueda, “se a día de hoxe a vida social xa está máis ampliada, se se pode desprazar calquera persoa por toda a provincia e está permitido o desprazamento á segunda residencia, o que non ten sentido é que se siga obrigando aos milleiros de persoas que fan deporte todos os días a que o fagan nunhas horas concretas do día e que se teñan que circunscribir ao seu termo municipal”.

En resumo, “estamos facendo sempre un chamamento á responsabilidade da cidadanía, a que cumpra as normas e a que observe as garantías sanitarias. O que temos que ser tamén é coherentes e ditar normas que estean en consonancia co aquelo que se está pedindo”, explicou o vicepresidente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha