A Xunta destaca o labor do Polo de emprendemento de Coristanco

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou ás persoas participantes no obradoiro de vídeo que tiña lugar este venres no Polo de emprendemento de Coristanco e que está destinado a persoas emprendedoras co fin de impulsar a súa comunicación dixital sen depender de terceiros e usando unicamente o teléfono móbil e ferramentas que se apoian na intelixencia artificial. Deste xeito, nesta acción impártense técnicas para construír unha peza audiovisual desde cero —desde a idea inicial ata a edición final- e para aumentar o alcance en redes sociais.

Alí Pablo Fernández puxo de relevo a actividade deste polo, un dos 15 que hai distribuídos por toda Galicia e dos tres cos que conta a provincia da Coruña. Neste sentido, leva atendidos case 450 proxectos e co seu labor contribuíu á creación de máis de 30 empresas. Por sectores, predominan os servizos (24%) seguido do comercio (18%) e da hostalaría (11%). Das persoas atendidas, o 55% son mulleres e o 45% homes e con elas lévanse realizado máis de 2.200 titorías. Ademais, este polo leva realizado unhas 250 actividades entre reunións con entidades, accións de formación e eventos da rede.

Related posts

O BNG de Corcubión discrepa coas declaracións destos últimos días dos partidos da oposición

Novos programas de participación social na Costa da Morte, da man de Íntegro

Vieiro continúa reforzando o seu compromiso coa prevención a través do programa ‘Odisea’