A Xunta destaca o papel dos farmacéuticos como punto de referencia da cidadanía

Imagen de archivo de una farmacia

Quere poñer en valor o importante papel dos farmacéuticos e das oficinas de farmacia como punto de referencia da cidadanía, non só en relación coa atención farmacéutica que prestan, senón tamén co asesoramento, o consello e o apoio da atención que demandan os colectivos vulnerables, como pode ser o caso das persoas maiores ou dos pacientes crónicos.

Os farmacéuticos celebran este, 25 de setembro, o seu Día Mundial baixo o lema “A Farmacia, unida por un mundo máis saudable”. A efeméride promove e apoia o papel que do persoal farmacéutico na prevención de enfermidades, a promoción da saúde e o seguimento de tratamentos a nivel mundial.

A Xunta de Galicia destaca o traballo que desempeñaron os seus profesionais durante a pandemia provocada pola covid-19. Así, a colaboración do persoal farmacéutico, tanto de xeito directo como a través dos distintos colexios profesionais, foi de grande valor na prevención e educación para a saúde, tendo ademais un gran protagonismo na realización de cribados poboacionais e na detección de casos.

O labor do persoal farmacéutico, como experto do medicamento, vai máis ala da oficina de farmacia, co fin de aproximar de maneira plena o experto en farmacoterapia ao paciente. Así, actualmente o persoal de farmacia atópase incorporado nas institucións sanitarias facendo unha labor asistencial esencial, como é o caso da farmacia hospitalaria (farmacéutico especialista de hospital); ou ben dentro da estruturas de atención primaria, por medio dos farmacéuticos deste nivel asistencial, para garantir a continuidade asistencial e os resultados en saúde dos pacientes.

Este traballo, está a contribuír a alixeirar a carga de traballo dos profesionais médicos e, xa que logo, contribúe dun xeito significativo a optimizar e axilizar o funcionamento dos centros sanitarios galegos.