A Xunta destina 36 M€ para seguir afondando na incorporación de mozos ao agro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este luns que o Goberno Galego destina 36 M€ para seguir afondando na incorporación de mozos ao agro e a mellora das explotacións gandeiras.

Tal e como sinalou o titular do Executivo galego, Galicia ten unha “liña de axudas” que promove “a incorporación de xente moza ás explotacións agrarias”. Só desde 2016, destináronse 106 M€ que axudaron a “case 3.000 mozos e mozas que decidiron emprender no rural”.

Nesta liña, o Consello da Xunta avaliou as novas convocatorias de axudas destinadas aos plans de mellora en explotacións gandeiras e á incorporación de mozos, dotadas cun total de 36 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola para o Desenvolvemento Rural (Feader), o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e con fondos propios, cos que se quere promover a incorporación de 300 mozos ao agro e apoiar “a mellora das explotacións”.

Rueda detallou que a Xunta publicará, nos vindeiros meses, dúas ordes de axudas destinadas para tal fin no marco do Plan estratéxico da política agraria común. A primeira busca financiar os plans de mellora non aprobados aos mozos que resultaron beneficiarios da convocatoria 2024 da incorporación de mozos, co obxectivo de facilitar o inicio da súa actividade produtiva.

Deste xeito, e cun orzamento de 5,5 millóns de euros, financiaranse investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias, sendo os posibles beneficiarios aquelas persoas mozas ás cales se lles aprobou a axuda de incorporación no 2024 pero non o plan de mellora asociado. Neste contexto, serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade das explotacións.

O importe máximo da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 % en función dos criterios que se recollan na orde. Ademais, a contía máxima sitúase en 250.000 euros por beneficiario.

Related posts

AFAGA entrega os premios do seu XI Certame Literario de Relato Curto ‘Nun Recuncho da Memoria’ 2025

O envorco dun coche en Cerceda deixou unha persoa falecida | Tamén falece outra que caeu por un terraplén na Veiga

Un autobús atropelou a catro persoas cando manobraba nas proximidades dunha discoteca en Pontecesures