A Xunta destina 500.000 euros a 21 novos proxectos audiovisuais

1 minutes read

Acaba de facer pública a resolución de concesión ao sector audiovisual galego para o desenvolvemento de 21 novos proxectos de cinema e televisión que se atopan na súa fase de preprodución. Este investimento será destinado polas 20 empresas adxudicatarias a financiar diferentes traballos previos encamiñados a preparar a futura produción e rodaxe destes títulos.

Apóianse, en concreto, 14 novas propostas de longametraxes cinematográficas e sete de series televisivas, entre as que se distribúen contías que van dos 14.500 aos 30.000 euros para levar a cabo labores relacionados co guión, dereitos de autor ou propiedade intelectual, financiamento, venda e distribución, xestión de dereitos, investigación, elaboración de materiais de promoción, gastos de asesoría ou consultaría, alugueiro de espazos de traballo e outros que teñan lugar na fase anterior á filmación.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?