A Xunta destina 600.000 euros en axudas para realizar actividades de interese agrario

A finalidade destas achegas é a realización de actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas e con implantación en Galicia e dos agricultores galegos en xeral.

Serán subvencionables as funcións e actuacións que lles son propias conforme á normativa legal, funcións ordinarias de xestión interna, representación perante as institucións e a participación nos órganos colexiados que foron constituídos pola Administración galega para a defensa dos intereses dos seus representados.

Os interesados disporán dun mes, contado dende o día seguinte da publicación desta orde no DOG, para presentar as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que se atopa en https://sede.xunta.gal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha