A Xunta destina máis de 119.000 euros ó parque empresarial de Santa Comba para mellorar a súa rede de saneamento

xunta.gal

  • Estas axudas da Xunta apostan por fortalecer o tecido empresarial e fomentar o emprendemento industrial

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, supervisou o final das obras da Consellería de Economía, Emprego e Industria financiadas con máis de 119.000 euros para levar a cabo a mellora da rede de saneamento do polígono industrial de Santa Comba. Este parque, construído no ano 2003, ten unha superficie de 113.454 metros cadrados e conta con 24 empresas.

Ovidio Rodeiro recalcou que “esta actuación (que financia a Xunta de Galicia en colaboración co concello de Santa Comba) reduce o envío do caudal de augas pluviais para poder asumir un maior caudal de fecais en previsión de novas implantacións de actividades neste polígono”.

O representante do goberno autonómico destacou que “con esta iniciativa a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos locais e co desenvolvemento das súas infraestruturas e co fortalecemento do tecido empresarial e industrial da Comunidade. Ademais, “este tipo de apoios ao emprendemento son actuacións que encaixan coas medidas promovidas pola Lei de implantación empresarial para favorecer a captación de novos investimentos para Galicia”, puntualizou Ovidio Rodeiro.

Na comarca de Santiago a Xunta achegou 527.000 euros en obras en polígonos industriais de Santa Comba, Dodro, Boqueixón, Ordes, Oroso e Ames. Estes investimentos son posibles grazas a unha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria e supuxeron un investimento total na comarca de 673.000 euros dos que a Xunta achegou máis do 78%.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha