A Xunta destinará 157 M€ á rehabilitación de vivendas en 2022

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Goberno galego destinará 157 millóns de euros a axudas e actuacións directas para a rehabilitación de vivendas en 2022 para reforzar a aposta pola recuperación.

En liñas xerais, segundo dixo, “trátase de sete liñas do plan europeo de rehabilitación de vivenda e rexeneración urbana; seis liñas propias da Xunta, e actuacións directas do Goberno galego a través de instrumentos como o programa Rexurbe, o Consorcio Casco Vello de Vigo e o mantemento do parque público de vivendas”.

No que atinxe ás liñas europeas, suman un importe de máis de 117 millóns de euros a repartir en varios programas como o Programa de axuda á rehabilitación a nivel de barrio (22,9M€). Neste caso financiarase a rehabilitación sempre que se acade un aforro enerxético de, polo menos, o 30% e poderase chegar aos 21.400 euros de axuda se o aforro chega ao 60%.

A maiores, incidiu en que as actuacións en Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) que desapareceron do Plan estatal de vivenda, poderanse financiar a través deste programa grazas ás xestións da Xunta.

Ademais, o Programa de axudas ás actuacións a nivel de edificio destinará preto de 23 M€ para financiar apoios de ata 18.800 euros por vivenda para mellorar principalmente fachadas e cubertas, e o Programa de axudas ás actuacións de mellora de eficiencia enerxética achegará 13,5M€ para cambio de fiestras con subvencións de ata 3.000 euros.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?