A Xunta destinará este ano 1,73 M€ para previr e paliar os danos ocasionados polo xabaril

1 minutes read

A partir deste venres e durante o prazo dun mes, todas as persoas interesadas poderán acollerse a estas novas convocatorias de axudas, grazas ás cales a Xunta mobilizará en 2023 algo máis de 1,4 millóns de euros só para apoiar ao sector na implantación de medidas efectivas que protexan as súas propiedades do impacto causado pola fauna silvestre coa que comparten o territorio. En concreto, entre as medidas de prevención subvencionables estarán á adquisición e manutención de cans para protexer e defender o gando (ata 300 euros por exemplar e 200 euros para gastos de alimentación, cun límite de 3 cans por explotación); á compra de pastores eléctricos (ata 600 euros para comprar como máximo 3 pastores); e á instalación de cerrumes con mallas electrificadas (8 mallas e 800 euros por explotación).