A Xunta destinou máis de 460.000€ a 52 restaurantes e cafeterías da Costa da Morte


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado do deputado Rubén Lorenzo, visitou este xoves en Carballo, Dubra Café, un dos establecementos beneficiado pola orde de axudas dirixida aos sectores da hostalería e a restauración para facilitar a súa actividade e que sexa compatible coas medidas de protección da saúde ante a covid-19. Con este plan buscouse asegurar a cobertura do maior número posible de investimentos que están a realizar os establecementos no acondicionamento dos espazos exteriores e na posta en marcha do servizo de vendas a domicilio ou para levar.

Trenor subliñou que na comarca de Bergantiños-Costa da Morte concedéronse 52 axudas por un importe de máis de 460.000 euros, dunha convocatoria que cubriu o 80% do investimento. En Galicia o goberno galego aportou 11 millóns de euros para esta orde de axudas.

O programa ofreceu apoios directos a autónomos e pemes de menos de 50 traballadores, sendo a axuda mínima de 1200 euros e máxima de 20.000. Ademais, incluíu a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda pola metade da contía dos gastos realizados.

Entre as características das solicitudes de apoios presentadas, destacou a dimensión dos proxectos de adecuación dos exteriores, xa que unha parte importante dos restaurantes e cafeterías solicitantes acometeron reformas substanciais nesa parte dos seus locais. As axudas facilitadas polo programa puideron destinarse a cubrir os gastos e investimentos realizados para instalar pechamentos estables ou elementos desmontables que sirvan de illamento ou protección, renovación do mobiliario, instalación de sistemas de iluminación e aparatos calefactores nas terrazas, así como de mellora da fachada exterior dos establecementos.

En canto aos apoios destinados a sufragar os gastos de adquisición de elementos de envasado de comida e bebida para a entrega a domicilio ou a recollida no local, é de salientar a gran cantidade de solicitudes presentadas, o que indica que unha parte relevante dos establecementos hostaleiros da Comunidade incorporaron ou reforzaron este servizo entre as súas actividades.

AXUDAS TERRAZAS-VENDA A DOMICILIO  HOSTELERÍA BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE
CONCELLOBeneficiariosMobilizadoMob. PechamentoMob. AdecuaciónMob. EnvasesAxuda
MUXIA683.77854.28725.5733.91867.022 €
CEE574.10437.47528.6298.00059.283 €
DUMBRIA323.49223.492  18.794 €
CORCUBION112.96311.0001.963 10.371 €
FISTERRA123.79214.0007.0002.79219.034 €
CARBALLO13136.64984.30345.6506.697109.320 €
LAXE330.85817.1609.7183.98024.686 €
PONTECESO217.62210.8004.3802.44214.098 €
CABANA DE BERGANTIÑOS17.000 7.000 5.600 €
MALPICA DE BERGANTIÑOS18.6228.031591 6.897 €
VIMIANZO992.33259.89019.35313.08973.865 €
ZAS433.33824.8064.5353.99826.671 €
CAMARIÑAS215.87015.870  12.696 €
CERCEDA114.87612.5492.327 11.901 €
TOTAL52    460.238 €
Fonte.- Xunta de Galicia.