A Xunta detecta un foco de lingua azul nunha explotación de Santa Comba

1 minutes read

A lingua azul é unha enfermidade vírica de carácter infeccioso non contaxioso (non se tramite por contacto directo duns animais a outros), transmitida por diferentes especies de mosquitos do xénero Culicoides (vectores biolóxicos) que transmiten a enfermidade pola picadura a animais infectados e posterior picadura a animais sans. Nese senso, cómpre sinalar que a lingua azul non é unha zoonose, é dicir, non é transmisible ás persoas, nin por contacto directo cos exemplares positivos nin por consumo de produtos cárnicos.

A Consellería do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección de dez animais positivos á lingua azul, confirmados polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid), e pertencentes a tres explotacións centinelas de Abegondo, Frades e Santa Comba, todas na provincia da Coruña.

Coa declaración oficial dos novos focos declarados todo o territorio de Galicia vai ser incluído como nova zona restrinxida en España fronte o serotipo 4 da lingua azul, e polo tanto coa necesidade de acometer a vacinación dos animais sensibles nestas novas zonas de restrición.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?