Galicia recibe 330 millóns de euros do Goberno central

Imagen de archivo del presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo_Xunta de Galicia

  • Desde a Xunta sinalan que a débeda non estará satisfeita ata que se paguen os 700 millóns de euros

O Goberno en funcións de Pedro Sánchez desbloqueou unha parte dos fondos que lles debe ás comunidades autónomas. Galicia recibiu 330 millóns de euros dunha débeda que ascende ata os 700 millóns.

A Xunta di que a débeda non estará satisfeita ata que paguen a súa totalidade, mentres que desde o Goberno apuntan que estes cartos marcarán un antes e un despois nas arcas autonómicas.

Esta débeda é diñeiro que o Estado recada a través de impostos, aínda que lles corresponden ás comunidades para financiar competencias autonómicas como a Educación ou a Sanidade. Sen embargo, o Goberno en funcións alegaba que non podía pagar por estar, precisamente, nesa situación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha