35
Anunciouno a conselleira de Política Social na comparencia na Deputación Permanente para dar conta da situación nos centros de maiores. Fabiola García destacou a anticipación da Xunta na toma de medidas. Un adianto que cuestionaron os partidos da oposición que ademais criticaron a falta de recursos e a privatización, e demandaron intervir todas as residencias de Galicia por afectar ao grupo de maior risco de contaxio e taxa de mortalidade.