A Xunta e Ecoembes colaboran na campaña Separar con Xeito

1 minutes read

A Xunta de Galicia e Ecoembes, organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases no contedor amarelo e azul, colaboran un ano máis na campaña Separar con Xeito, coa que agardan poder chegar a un total de 300 feiras e eventos gastroculturais na Comunidade ata o próximo verán. Precisamente, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou o posto informativo instalado no marco desta iniciativa no feirón de Melide. O obxectivo desta iniciativa é, por un lado, impulsar a economía circular a través da reciclaxe de envases no contedor axeitado (os de plástico, latas e briks no de cor amarela e os envases de papel e cartón, no azul), ademais de concienciar aos cidadáns sobre a importancia que ten interiorizar este hábito para o coidado do entorno, o medio ambiente e a biodiversidade xa que permite converter os residuos en novos recursos, dándolles unha segunda vida.