A Xunta e o Clúster de Turismo coinciden en potenciar Galicia como destino seguro

Representantes de la Xunta y del Clúster Turismo de Galicia en el Real Club Náutico de Sanxenxo_Xunta de Galicia

Seguirán fomentándose os valores que máis potencian a marca galega como a paisaxe, a enogastronomía ou o Camiño de Santiago

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro coa directiva do Clúster Turismo de Galicia, onde indicou que tanto a Xunta como o Clúster coinciden plenamente nun obxectivo común: potenciar a marca Galicia como destino seguro e facelo aínda máis competitivo.

A folla de ruta a seguir comeza por reactivar e dinamizar este sector con medidas como as postas xa en marcha polo Goberno galego, como o Plan de Reactivación, onde un os piares é o programa “Galicia Destino Seguro”. Esta iniciativa potencia os valores que distinguen á nosa comunidade e que neste contexto actual aínda cobran mais relevancia, como son a natureza, a paisaxe, a enogastronomía ou o Camiño de Santiago.

O titular da Vicepresidencia, tras manter a xuntanza co Clúster indicou que “son os mellores interlocutores a ter nestes momentos xa que engloban a diferentes sectores que compoñen a gran industria que ten o turismo en Galicia”. Resaltou ademais, que no marco das dificultades e inconvenientes derivados da pandemia, este verán as cifras de turismo en Galicia amosaron un balance esperanzador.

Nesta xuntanza fíxose especial fincapé no inicio en xaneiro do Xacobeo 2021 que, en palabras de Rueda, “incluso nestas circunstancias ten que ser unha oportunidade historia para Galicia e para o seu turismo”.