A Xunta e o Concello de Fisterra analizan vías de colaboración para o desenvolvemento turístico

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co alcalde Fisterra, Luis Insua, no que abordaron algúns asuntos en materia turística, de interese para este municipio e a estratexia turística da Xunta de Galicia.

Entre outras cuestións analizaron a crecente importancia do Camiño de Fisterra Muxía, para o que a Xunta vén de monitorizar a ruta a través de sensores que miden o fluxo de peregrinos desde a capital de Galicia ata algún destes dous puntos da costa coruñesa, unha medida que, indicaron, está a favorecer a planificación do destino. Repasaron, ademais, entre outros asuntos como os estudos encargados para ordenar as visitas a recursos como o Faro de Fisterra ou a oportunidade de que Fisterra sexa punto final de dúas grandes rutas ciclistas europeas: Eurovelo 1 e Eurovelo 3, das que a Xunta vén de rematar a súa sinalización.

Related posts

O Plan Único acumula 150,6 millóns de euros e 764 obras na Costa da Morte desde a súa creación

Un home de 55 anos morre atropelado no polígono do Tambre, en Santiago

O Concello da Laracha convoca a unha reunión aos titulares das parcelas afectadas pola ampliación do polígono