A Xunta e o Goberno instan a Alcoa a “buscar unha solución” para San Cibrao


Goberno central, Xunta e comité de empresa instaron a Alcoa a buscar “unha solución negociada” para a planta de Cervo (Lugo), ao que a dirección respondeu que “sempre” estivo “aberta ao diálogo”. “Tras unha proposta do comité de empresa, o Goberno realizará unha convocatoria de reunión para todas as partes, incluída Alcoa, para buscar unha saída negociada onde se deixou”, destacou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan. Tras a primeira reunión multilateral celebrada despois de que a xustiza anulase o despedimento colectivo que pretendía aplicar a multinacional, Zan subliñou que os representantes dos traballadores tentarán “que esta negociación sexa a que chegue a bo porto”, despois da errada nos últimos meses, que permaneceu bloqueada pese ao interese dun investidor privado e a oferta de mediación do Executivo central. Agora as partes quedan á espera “da resposta” da compañía e esperan “o si a un dialogo que sería un si ao mantemento da actividade e un si á Mariña”.