A Xunta e os Colexios de Médicos acordan avanzar no impulso da atención primaria

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reúnese co Colexio Oficial de Médicos. Despacho do presidente en San Caetano (Santiago de Compostela), 29/11/22.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou este martes que a Xunta acordou co Consello Galego de Colexios Médicos avanzar no impulso á atención primaria e na compatibilidade da práctica profesional. Estas foron as principais conclusións do encontro que presidiu o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, no que pediu o apoio dos Colexios para incrementar a capacidade formativa e contar con máis prazas MIR e unidades docentes.

Os representantes dos facultativos expresáronlle á Xunta que, na súa opinión, é necesaria unha reestruturación territorial da atención primaria.

Ambas as partes coincidiron durante a reunión no diagnóstico sobre as principais dificultades que afronta o sistema sanitario, fundamentalmente a falta de médicos. García Comesaña subliñou que desde o ano 2009 xa se duplicaron as prazas de formación de medicina de familia en Galicia e que o 90 % dos profesionais que finalizan esta especialidade quedan traballando no Servizo Galego de Saúde.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha