A Xunta elabora unha guía para o deseño e instalación de cartelería


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou que a Xunta está a elaborar unha Guía de boas prácticas sobre o deseño e instalación de cartelería para garantir o equilibrio entre a necesidade da sinaléctica de destacar e ser visible, pero sen molestar na contorna na que se localiza. Fíxoo nun encontro con alumnos de Deseño gráfico da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, que presentaron un caso práctico relacionado coa guía de cartelería e aplicado na cidade da Coruña. Seguindo o modelo das anteriores publicacións, trátase dun documento de consulta e de recomendacións no que se establecerán criterios e directrices para ter en conta á hora de introducir letreiros e rótulos anunciadores sobre os edificios ou no territorio.