A Xunta Electoral avala a celebración dos actos “No Confín dos Verdes Castros” en Cabana

Concello de Cabana de Bergantiños

A Xunta Electoral da Zona de Carballo desestima a denuncia, presentada por Unidos por Cabana, contra a celebración “No confín dos verdes castros”, do que se cumpren 20 anos, e no que se fará unha lembranza do cura Saturnino Cuíñas Lois, pola súa inmensa sabedoría musical.

A resolución do órgano xudicial informa favorablemente sobre a celebración, xa que “al tratarse de una fiesta popular que se celebra de una forma regular y periódica según acredita el concello” e non ter un carácter electoral, posto que non consta que “en las intervenciones se contengan alusiones a las realizaciones o logros de las autoridades intervinientes, no se puede considerar incluida en la prohibición en el artículo 50.3 de la LOREG” e, polo tanto “no existe causa electoral para denegar su celebración”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha