A Xunta Electoral Central inhabilita ao presidente da Generalitat Quim Torra


A Xunta Electoral Central tomou a decisión de inhabilitar a Torra despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña o condenase a un ano e medio de inhabilitación o pasado 19 de decembro por un delito de desobediencia ao negarse a quitar os lazos amarelos e símbolos independentistas dos edificios públicos durante o período electoral. Ser membro do Parlament é un requisito indispensable para manterse como xefe do Govern, polo que a perda do escano como deputado autonómico obrígalle tamén a apartarse da presidencia. A resolución chega despois dun recurso do Partido Popular, ao que se sumaron Ciudadanos e Vox.