A Xunta Electoral ordena corrixir un erro nas papeletas do partido que encabeza Víctor Somoza

Tal e como indica o propio Víctor Somoza, representante do partido Unión Cidadá Galega (U.C.GA) de Cee, a Xunta Electoral de Zona de Corcubión admitiu a sua reclamación na que expoñía que figuraba de forma incorrecta o logotipo da sua formación política nas papeletas que lle habían remitido para os vindeiros comicios municipais; Logo do seu análise a Xunta Electoral de Zona de Corcubión ordena que se proceda a elaborar e imprimir novas papeletas oficiais que conteñan o logo correcto do partido Unión Cidadá Galega (U.C.GA), para que sexan as novas papeletas as que estean dispoñibles nos correspondentes colexios electorais o 26 de Maio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha