A Xunta eliminou un punto de vertedura de augas residuais sen depurar en Cee

Este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, nas redes fluviais da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

Os inspectores desprazados á zona localizaron a orixe do foco nunha conexión de augas residuais dun edificio da zona cara ao sistema de pluviais municipal, que acadaba o río Cee.

Nunha nova inspección, os técnicos de Augas de Galicia verificaron que as actuacións levadas a cabo de pavimentación e renovación de servizos no lugar das Escabanas-Ponte da Groba, permitiron o cese do foco e a emenda do vertido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha