Entregadas tendas de campaña de emerxencia a 7 Agrupacións de Protección Civil coruñesas

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, fixeron entrega na Coruña de 7 tendas de campaña para ser despregadas en situacións de emerxencia a Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia.

As agrupacións dos concellos de Ames, Carballo, Carral, Cerceda, Lousame, A Pobra do Caramiñal e Padrón recibiron cadansúa tenda habilitada para o seu fácil transporte, montaxe e desmontaxe.

Estas tendas forman parte da última convocatoria da orde de axudas da Xunta para reforzar o equipamento das AVPC da comunidade. Cun investimento de 1 millón de euros, o Goberno galego tamén dotou a estas agrupacións de 19 vehículos todoterreo tipo pick up, 6 remolques de emerxencias, 8 esparexedores de sal e 8 coitelas para a retirada de neve. Destas axudas foron beneficiarias o ano pasado agrupacións e 67 entidades locais, en concreto 66 concellos e 1 mancomunidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha