A Xunta entregará a vindeira semana a Medalla de Ouro de Galicia á Princesa de Asturias

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello aprobou este luns conceder a Medalla de Ouro de Galicia, a máxima distinción que se outorga na comunidade, á Súa Alteza Real, a Princesa de Asturias, dona Leonor de Borbón y Ortiz, “que a vindeira semana concluirá a súa formación na Escola Naval Militar de Marín”. 

Con este galardón, o Executivo autonómico quere recoñecer “a presenza” de Leonor en Galicia así como “a pegada e a relación que a casa real mantén coa comunidade” e transmitir “o cariño sincero que a maioría dos galegos ten tanto á Princesa Leonor como a Coroa”.

A Princesa de Asturias recibirá a Medalla de Galicia nun acto que se celebrará en Santiago o vindeiro 14 de xullo, “dous días antes da entrega de despachos” na Escola Naval de Marín e no que está previsto a asistencia “dos Reis de España”.

O resto de Medallas de Galicia anunciaranse e aprobaranse nas vindeiras datas e serán entregadas, como é habitual, nun acto o vindeiro 24 de xullo.

Related posts

Medio Rural amosa ao sector forestal as súas ferramentas de última xeración para loitar contra o lume

Localizan un corpo aboiando preto do porto de Vigo

Finalmente, Altri non | A Xunta arquiva o proxecto tras a decisión do Goberno de excluílo da rede eléctrica