A Xunta entregou desfribriladores a 11 concellos da Costa da Morte

1 minutes read

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou xunto á directora da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Adriana Regueira, na entrega de máis dun cento de desfibriladores externos semiautomáticos destinados a reforzar o material dos servizos de emerxencias municipais. Con esta cesión complétanse as dotacións enmarcadas na convocatoria de axudas de 2022 dirixida a concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). 11 deses desfibriladores foron para concellos da Costa da Morte: Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso e Zas. O equipamento entregado inclúe un desfibrilador externo cun mínimo de dous xogos de parches de electrodos, un xogo de dúas baterías, cable de conexión a porto USB, kit de reanimación cardio-pulmonar e mochila impermeable.