A Xunta está a actuar en 2,5 quilómetros da AC-552 ao seu paso por Vimianzo

1 minutes read

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, supervisou este martes en Vimianzo o inicio dos traballos dunha das actuacións conxuntas en viarios da Costa da Morte.

En concreto, en Vimianzo a Xunta está a actuar en 2,5 quilómetros da AC-552 ao paso polo concello nesta intervención que abordan a rehabilitación superficial do firme, con distintas actuacións, restaurando as características do pavimento, para adecualo as súas necesidades funcionais e garantir a súa durabilidade.

Os traballos forman parte dun proxecto conxunto, cun investimento de 3,4M€, que a Xunta acaba de iniciar para intervir en 8 viarios autonómicos ao paso por 10 concellos da Costa da Morte (ademais de Vimianzo, inclúe os da Baña, Cabana de Bergantiños, Cee, Fisterra, Laxe, Muros, Muxía, Santa Comba, Vimianzo e Zas). En total, reforzarase o firme de 65km e os traballos prolongaranse durante 6 meses.

Allegue enmarcou estas actuacións no compromiso da Xunta coa conservación e mantemento da rede viaria autonómica, 5.500km, e lembrou que a Xunta está a facer un esforzo ano tras ano para incrementar o investimento neste eido, cun orzamento récord este 2026 de 71,6M€. “Temos unha folla de ruta perfectamente planificada, presupostada e que executamos cada ano”, destacou.