Pechados perimetralmente 23 concellos galegos

1 minutes read

O comité clínico quere evitar que o virus, que está a ter moita máis incidencia nas zonas urbanas, se expanda polo rural, polo que mantén todas as restricións que xa estaban vixentes, e incorpora a maiores o peche perimetral das grandes cidades galegas e dos seus concellos limítrofes, ademais de Vimianzo. Así que non se poderá entrar nin saír sen xustificación dos municipios confinados perimetralmente, pero si desprazarse entre eles. Outra cousa que hai que ter clara: neses 23 municipios pechados non se poden xuntar máis que as persoas conviventes. Quedan prohibidas as reunións con outros familiares ou con amigos. Estas restricións, que lle afectan ao 45% da poboación galega, estarán vixentes ata o martes, e aí revisaranse dependendo de como vaia a evolución da pandemia en Galicia.

Intervención do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.