A Xunta estende a gratuidade no transporte público aos menores de 21 anos


Será desde o vindeiro 21 de maio, coa utilización da tarxeta ‘Xente Nova’, un dispositivo, que ata o momento podía empregarse nas áreas de transporte metropolitano, na provincia de Ourense e en 13 concellos da área de Pontevedra, expandirase a toda a comunidade a partir do venres da próxima semana, permitindo que todos os menores de 21 anos viaxen de balde no autobús da Xunta, ademais de no barco no caso da ría de Vigo e no ferrocarril de vía estreita na área de Ferrol. Esta tarxeta pode adquirirse en calquera das 213 oficinas de Abanca habilitadas nas catro provincias. Para empezar a empregala cómpre cargar a tarxeta cun saldo inicial co que se aboarán as viaxes e posteriormente será reintegrado no dispositivo.