A Xunta expedienta os atrancos dos Franco para visitar Meirás

Pazo de Meirás

A Xunta abriu dilixencias informativas contra a familia Franco logo de que o Concello de Sada lle transmitise as queixas recibidas por parte de persoas en visitar o Pazo de Meirás polo presunto incumprimento do réxime de visitas ao que está obrigada pola condición de Ben de Interese Cultural (BIC) das Torres.

A pasada semana, o goberno sadense trasladou á Dirección Xeral de Patrimonio as “numerosas” reclamacións que realizan as persoas interesadas en visitar o inmoble, tanto as feitas por escrito como referencias ao importante número de queixas que lle chegan tamén por teléfono.

O Concello reclamou á Xunta que tomase “as medidas oportunas” e que se mantivese “vixilante” ante os posibles incumprimentos da lei do patrimonio cultural de Galicia que levan a cabo os Franco, con atrancos que se repiten cada pouco –especialmente en época estival– desde hai anos. Agora, a Consellería de Cultura abre expediente para investigar e comprobar se houbo incumprimento no réxime de visitas acordado. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha