A Xunta facilitará financiamento ás estacións de servizo para afrontar o adianto da bonificación


Será a partir do martes cando comece o financiamento ás estacións de servizo para que poidan afrontar o adianto da bonificación dos 20 céntimos por litro decretada polo Goberno central. Para tal fin aprobarase un programa dirixido a pemes e autónomos para obter financiamento, especialmente centrado naqueles sectores máis afectados pola invasión rusa, como é o caso das gasolineiras. Articularase a través dun convenio entre Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras no que se avalarán operacións por un máximo de 80 M€ a través de catro liñas de financiamento.