27
A Xunta financia nove pistas multideporte en colexios e institutos das comarcas da Coruña, Santiago, Barbanza e Costa Morte unha iniciativa nova que se pon en marcha por primeira vez este ano e que suporá un investimento de máis de 500.000 euros. Concretamente na Costa da Morte será beneficiaria a Escola Unitaria de Pereiriña, en Cee, cun investimento total de 63.750 euros. Esta iniciativa desenvólvese ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para os centros educativos, que responden ao obxectivo común de avanzar cara un modelo de infraestruturas educativas máis innovadoras, sostibles e confortables.