A Xunta formaliza a súa terceira emisión de débeda sostible por 500 M€

O Diario Oficial de Galicia publicará este martes as condicións financeiras desta nova emisión de bonos a un prazo de 6,5 anos. A emisión está prevista no programa anual de Endebedamento da Comunidade Autónoma e non supón un incremento da cifra neta de endebedamento, xa que coincide coa amortización doutros créditos xa existentes.

Estas obrigacións, incluídas no Marco de Financiamento Sustentable da Xunta de Galicia, estará integramente orientadas aos investimentos sociais e medio ambientais, á economía verde e sostible e vinculados tamén á Axenda 2030. En concreto serán empregadas en proxectos relacionados co uso verde dos recursos como as enerxías renovables, a eficiencia enerxética, a prevención e o control da contaminación, a conservación da biodiversidade, o transporte limpo ou a xestión sostible da auga e dos recursos naturais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha