A Xunta impulsa accións formativas para desempregados en Santa Comba

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou o centro de formación Mata Forvial que está a impartir dous cursos AFD (Accións Formativas para Desempregados) dentro da oferta que financia a Xunta de Galicia a entidades e concellos. Durante a visita, o representante do Goberno autonómico informou de que o Goberno galego financiará neste Concello 11 cursos e dous obradoiros de emprego que permitirán formar a 205 persoas sen emprego de Santa Comba, 165 nos AFD e 40 nos talleres de emprego.

A convocatoria deste ano para AFD pon o acento en temáticas con maior demanda ou perspectivas de emprego, con prioridade para contidos relacionados coa industria 4.0, competencias dixitais e áreas que demandan man de obra como a soldadura, servizos administrativos, xestión comercial ou deseño de caldeiraría e estruturas metálicas.

Tamén pon o foco en competencias clave ou especialidades para obter certificados de profesionalidade. Ademais ofrece un módulo transversal de formación en prevención de riscos laborais que capacitará ás persoas participantes para o desempeño de funcións de nivel básico neste eido.

No Concello de Santa Comba impartiranse 9 cursos organizados polo concello cun apoio da Xunta de máis de 310.175  euros e dous organizados por Mata Forvial cunha axuda 84.524 euros, e contará tamén con outro apoio para a organización de dous obradoiros de emprego de máis de 955.000 euros.

Trenor agradeceu aos participantes “a súa implicación e gañas de aprender un oficio mellorando os seus coñecementos e a súa experiencia para outorgarse máis oportunidades no mercado en dous sectores que cada vez teñen máis demanda”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha